Feijóo comparecerá no Pleno do Parlamento para explicar as polémicas fotos con Dorado

Así o acordaron os grupos parlamentares na Xunta de Portavoces decorrida esta terza feira. En troca, as forzas da oposición aceptaron suprimir a sesión de control ao presidente.

As fotografías do presidente da Xunta co narco Marcial Dorado conseguiron o que non lograra a oposición en máis de dous anos. Facer que o líder do executivo galego compareza en sesión parlamentar. 

Así o avanzou o portavoz do BNG na Cámara Francisco Jorquera após a celebración da Xunta de portavoces. Alberto Núñez Feijóo explicará no pleno que terá lugar a vindeira semana, a súa polémica amizade con Dorado e as fotografías que publicaba o pasado domingo o diario español 'El País'. 

O grupo parlamentar d@s populares accedeu así ás demandas da oposición e apoiou a presenza do presidente de Galiza mais, en troca, PSdeG, BNG e AGE tiveron que aceptar a supresión da sesión de control ao presidente. Isto é, as preguntas que as portavocías da oposición formulan na segunda xornada de pleno. Todo apunta, a que a comparecencia de Feijóo terá lugar a vindeira terza feira (9 de abril)

Comentarios