Feijóo fala dun mínimo de 56 vítimas mortais

Pasada medianoite, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, confirmaba 56 vítimas mortais, cifra que, segundo sinalou, podería incrementarse nas últimas horas. 

O presidente da Xunta de Galiza aseguroununha entrevista coa TVG comezado xa o 25 de xullo que a cifra de vítimas mortais situábase en 56 persoas, número que podería ir a máis nas próximas horas e que se podería incrementar, en especial, coas persoas que viaxaban nun vagón calcinado no que aínda non se puido entrar.Feijóo indicou tamén que 11 persoas estaban fora de perigo e entre 10 e 20 en "situación máis comprometida". 

Alberto Núñez Feijóo indicou con anterioridade na SER que as autoridades xudiciais iniciarán a rolda de identificación dos corpos se ben será a delegación do goberno español quen informe das persoas falecidas. 

O presidente da Xunta calificou como "moi impactante" a escena do sinistro na que se atopan, considerou, "un vagón destrozado" e outro "triturado". Aliás informou de que a ministra de Fomento, Ana Pastor, voa xa para a Galiza. 

Comentarios