Feijóo amaga con levar deputad@s aos tribunais

O día despois de Yolanda Díaz terlle perguntado se chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia a Manuel Cruz, o presidente da Xunta di que está a "reconsiderar" a hipótese de levar aos tribunais aos que, di, se están a rir "dos galeg@s, das institucións, da democracia e do Parlamento".

A velada acusación realizada onte por Yolanda Díaz no Pleno do Parlamento -interpelou ao presidente da Xunta se no seu momento chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia ao chófer Manuel Cruz- pairou hoxe sobre a comparecencia de Feijóo perante a imprensa após o consello da Xunta.

Feijóo veu dizer que está a "reconsiderar" a hipótese de levar perante a xustiza a aqueles, en obvia alusión aos deputad@s da oposición, que segundo o presidente da Xunta se están a rir da cidadanía por teimar en levar a cámara o relacionamento do xefe do Executivo co narcotraficante.

En realidade, Feijóo amaga con recorrer aos xulgados, talvez como medida de presión política para que a oposición mida mellor os seus ataques no futuro.

Onte, a vice-portavoz de AGE Yolanda Díaz perguntou a Feijóo se sabía a que se dedicaba Manuel Cruz, chófer de varios conselleiros da Xunta, entre eles Romay Beccaría. Dedicábase, revelou a deputada, ao narcotráfico. Cruz morreu nun accidente de tráfico. A súa morte produciuse cando estaba pendente de prestar testemuño perante a Audiencia Nacional.

Comentarios