Feijóo deixa entrever que as eleccións serán o 16 ou 23 de outubro

Afirma que que a data dos comicios siturase na entorna da de hai catro anos, que foran un 20D. Ese día é quinta feira, polo que as eleccións poderían ser 16 ou 23 dese mes.

Mariano Rajoy Rueda Núñez Feijóo PP
photo_camera Mariano Rajoy Rueda Núñez Feijóo PP

As eleccións galegas serán o 16 ou o 23 de outubro. Así o deixa ver o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que nesta segunda feira afirmou na entrevista en 'Los desayunos de TVE' que as eleccións serían en outono, apontando que hai catro anos fixéranse nun 20 de outbro e que desta volta sería igualmente na entorna desa data. O 20 de outubro cae en quinta feira, polo que a xornada electoral sería ou ben o domingo anterior (16 de outubro) ou posterior (23).

Con estas declaracións, Feijóo enmarca as eleccións na recta final de outubro, despexando as elucubracións sobre se serían en setembro ou novembro. 

Comentarios