Falece a deputada socialista e exconcelleira de Vigo Isaura Abelairas

Filla dun republicano represaliado, sinalaba  ao entrar como parlamentar que a súa intención era "representar esas mulleres que saíron do campo e loitaron"
IsauraAbelairas
photo_camera Isaura Abelairas

A deputada socialista do Parlamento de Galiza e ex concelleira de Vigo Isaura Abelairas faleceu após unha longa enfermidade.

Nada en Taboada, comarca de Chantada, en 1951, Isaura Abelairas exerceu como mestra e directora do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán de Vigo desde 1993 até 2007. Ademais, ostentou a Concellaría de Limpeza e Festas do Concello da cidade olívica entre 1999 e 2003 e tamén foi a responsábel dos departamentos de Servizos Exteriores e Vías e Obras.

Posteriormente, foi responsábel de Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística e tamén de Política Social. Así mesmo, entre 1999 e 2003 e desde 2007 exercía como deputada provincial, como responsable de Igualdade.

En xullo de 2020, a até entón edila do Grupo Municipal Socialista de Vigo renunciou á súa acta de concelleira en Vigo para ocupar un escano no Parlamento de Galicia, dentro do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galiza.

Filla dun republicano represaliado, sinalaba en 2020 nunha entrevista en Nós Diario que a súa intención no Parlamento era "representar esas mulleres que saíron do campo e loitaron"

Comentarios