Facenda corrixe a súa propia lei de orzamentos

A Consellaría fixo mudanzas técnicas por erros erros na partida do fondo de cooperación e convenios locais. BNG e PSdeG presentan emendas de devolución, que serán debatidas no pleno da semana de Nadal.

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez (Xoán Crespo/ Europa Press)
photo_camera O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez (Xoán Crespo/ Europa Press)

A futura lei de orzamentos da Xunta para 2021 xa ten correccións antes do debate parlamentario. Á espera de que as emendas parciais que presenten os grupos do BNG e PSOE a Consellaría de Facenda tivo que  autocorrixir o seu propio texto dez días antes de que se persente no Parlamento para o seu debate. As emendas á totalidade da oposición xa están presentadas polo que nacionalistas e socialistas piden a devolución do proxecto lexislativo á Xunta.

A corrección

A Consellería de Facenda fixo fixo un cambio técnico que vén aclarar a contía dos fondos destinados á as entidades locais. O montante total dos créditos que se asignan ás corporacións locais, derivados da participación do Fondo de Cooperación Local e da subscrición de convenios e da concesión de subvencións ascende a 407.681.096 euros, como se aclara na corrección, a pesar de que no articulado (56) había unha diferenza de seis millóns de euros con respecto ao anexo.

O mesmo ocorreu no caso de, artigo 58 do texto. Así, as transferencias ás entidades locais da Galiza derivadas da subscrición de convenios ou da concesión de subvencións suman 280.623.186 euros e non uns 14 millóns menos, como aparecía inicialmente.

Pola súa banda, as transferencias directas ás corporacións locais descenden un 6,4%, ata os 127,1 millóns de euros, nos orzamentos da Xunta para 2021.

Sen posibilidade de presentar emendas

O prazo para presentar emendas á totalidade concluíu a pasada sexta feira. Tanto BNG como PSdeG piden a devolución do proxecto lexislativo á Xunta.

"O proxecto de orzamentos para o ano 2021 non está á altura do reto político, social e económico que representa a Covid-19", sinala o BNG na súa exposición de motivos da emenda de totalidade, na que apunta a necesidade de "máis autogoberno" e "mostra as consecuencias da falta de soberanía da relación económica co Estado".

Pola súa banda, desde o PSdeG, que tamén presentou emenda á totalidade, xa avanzaron que nas parciais pretenden recadar 200 millóns de euros máis e destinar 390 millóns de euros máis a políticas sociais.

A presentación de emendas parciais conclúe este 21 de decembro e o debate de totalidade e de emendas de devolución terá lugar ese mesmo día, na semana de Nadal, na que tamén haberá pleno ordinario. Os orzamentos está previsto que estean aprobados de forma definitiva para entrar en vigor en febreiro.

Comentarios