O BNG exixe a disolución do goberno local de Santiago, con 10 d@s 13 edís imputad@s

Unha acción reivindicativa do grupo municipal do Bloque diante do Concello denunciou a "irresponsabilidade política para coa cidadanía" que supoñen os procesos xudiciais abertos contra membros dun executivo municipal que "parece que xoga a ver quen ten máis imputacións".

todas_dentro
photo_camera [Imaxes: M.Montero]


Un goberno local "que parece que xoga a ver quen ten máis imputacións".

A "irresponsabilidade política" que supón seguir adiante cunha equipa onde 10 de 13 integrantes están imputad@s por corrupción política para cunha cidadanía "que confiou nese grupo de goberno".

Unha crítica e exixencia de rectificación das declaracións da concelleira María Pardo, ratificadas polo rexedor compostelán, Ángel Currás, en que achacaron a unha "persecución política" da xuíza de instrución Ana López-Suevos a imputación d@s sete edís que acordaron pagar con diñeiro público a defensa do concelleiro Adrián Varela.

E sinalar para o goberno que lidera Currás "a única vía que lle queda: disolver o concello e convocar eleccións". 

Son os catro puntos que esta quinta feira o grupo municipal do Bloque en Compostela denunciou diante do Concello cunha acción reivindicativa que chamou a atención de turistas e camiñantes na praza do Obradoiro.

As declaracións de Lucía Vázquez, responsábel local da formación frontista na cidade, e de Rubén Cela, voceiro do grupo municipal nacionalista, foron aderezadas con berros de 'Levan os cartos e nunca están fartos', 'Por corrupción, goberno demisión' e 'Hai que botar o Partido Popular'.

Comentarios