O ex-parlamentar de Ciudadanos cualifica de cacicada o seu relevo para as eleccións do 26X

Antonio Rodríguez fala de “dedazo” após o partido optar por situar como cabeza de candidatura José Canedo.

Antonio Rodríguez Ciudadanos Imaxe Radio Galega
photo_camera Antonio Rodríguez. Imaxe Radio Galega

Ciudadanos tivo nas eleccións do 20 de decembro un deputado por Galiza, Antonio Rodríguez, eleito pola circunscrición da Coruña. Mais non será Rodríguez quen lidere a candidatura da formación laranxa para as eleccións do 26X, senón José Canedo, un dos homes fortes de Ciudadanos en Galiza e que en 2012 foi candidato á Xunta pola UpyD.

Para Rodríguez a decisión de Ciudadanos de relevalo é unha “cacicada” que carece de xustificación algunha. En declaracións recollidas por La Voz de Galicia fala de “dedazo” e lembra que el foi quen gañou as primarias convocadas bno seu momento. O cambio por Canedo non respondería, afirma, a discrepancias co seu traballo mais a que o partido de Albert Rivera prefería optar por alguén con mellor desenvolvemento perante os medios.

Para o ex-parlamentar, con estas decisións Ciudadanos o que fai é ir contra os seus propios estatutos e contra as primarias.

Comentarios