Euskadi 25S: enquisa aponta ampla maioría abertzale

Unha sondaxe da EiTB, cadea pública vasca, concede 27 escanos ao PNV, 17 a EH Bildu, 14 a Podemos, 8 PSOE, 8 PP e 1 Cs. 

20160907113458_estimacion-de-escanos-en-_foto610x342

O PNV gañaría as eleccións vascas do vindeiro 25 de setembro e mantería os 27 escanos que obtivo nos comicios de hai catro anos, mentres que EH Bildu atinxiría 17 deputados e Podemos 14. PSOE e PP empatarían a 4 parlamentares cada un e Ciudadanos lograría 1 representante na Cámara vasca. Este é o vaticinio da enquisa realizada por Gizaker para a cadea de radiotelevisión vasca, EiTB; e que amosa unha ampla maioría abertzale (44 escanos) fronte aos non nacionalistas (31 deputados). Os 'jelkides' serían a forza máis votada nas tres provincias vascas: Bizkaia, Gipuzkoa e Araba. EH Bildu sería segunda forza en territorio gipuzkoano e disputaría en Bizkaia e Araba esta segunda praza con Podemos.

Así, en Bizkaia o PNV lograría 11 escanos, por 5 que atinxiría EH Bildu e 4 Podemos. O PSOE lograría 3 e o PP, 2. En Gipuzkoa, historicamente o territorio onde maior forza tivo a esquerda abertzale, tamén o PNV sería o partido con máis apoio, obtendo 9 escanos. EH Bildu conseguiría 7, Podemos 5, PSOE 2 e PP 2. No que atinxe a Araba, tamén o PNV volvería saír triunfador, con 7 deputados. Podemos lograría 5, os mesmos que EH Bildu. O PP conquire nesta provincia 4 escanos, o PSOE 1 e Ciudadanos o seu único representante.

En canto á valoración da líderes, Urkullu (PMV) e Otegi (EH Bildu) son os que maiores puntuacións logran entre os enquisados. A sondaxe fíxose antes de se coñecer a decisión do TC que veta Otegi concorrer ás eleccións. E no que atinxe ás coligazóns que optan os enquisados, PNV e PSOE son a opción sinalada polo 27,7%. A moita distancia fican a de Eh Bildu e Podemos (4,7%) e Eh Bildu e PNV (4,6%).

Comentarios