EU propón Yolanda Díaz como número dous de En Marea pola Coruña

A coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, é a proposta da súa formación para ocupar o número 2 de En Marea pola Coruña.

Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida
photo_camera Yolanda Díaz, coordenadora nacional de Esquerda Unida

Europa Press informa de que a parlamentar e coordinadora de EU, Yolanda Díaz, ocupará o segundo posto da candidatura de En Marea pola Coruña, un posto que lle correspondería a EU tal e como recolle o acordo polas organización políticas que forman parte da coligazón.

Os partidos que integran a coligazón pactaron que o primeiro posto da candidatura de En Marea pola Coruña sexa para Podemos –partido que elixiu Antón Gómez Reino, “Tone” para ocupar a cabeceira da lista- e para EU, o segundo posto.

Seguindo o acordo entre os partidos, a lista de Pontevedra será encabezada por Anova, que propón Alexandra Rodríguez como candidata, con Podemos como número dous, que esc olleu Ángela Rodríguez, “Pam”.

Comentarios