EU pide a imputación de Barreiro polo ‘carrexo’ de maiores para votar

Yolanda Díaz considera que após as declaracións de dirixentes como Iraveda faise evidente que hai unha “trama corrupto-criminal”.

Esquerda Unida pide á xuíza que instrúe o caso por un suposto delito electoral do PP en Lugo co ‘carrexo’ de maiores dependentes para votar que cite a declarar como imputado a José Manuel Barreiro, presidente do Partido Popular nesta provincia.

A coordenadora de EU, Yolanda Díaz, sinala que o dirixente do PP e conselleiro na TVG José Luis Iravedra recoñeceu na súa declaración xudicial que o ‘carrexo’ fóra por mandato do PP. Por iso considera que Barreiro debe dar explicacións.

Mais non só el. Díaz considera que se está ante unha “trama corrupto-criminal” e por iso “exiximos a comparecencia de Rajoy quen coñece a fondo o modus operandi e dea contas desta trama liderada por Barreiro”.

Comentarios