Estafad@s polas preferentes levan a súa protesta ás portas do Consello da Xunta

Estafad@s polo calote das preferentes concéntranse arestora ante a sede da Xunta coincidindo coa xuntanza do Consello do goberno autonómico
Afectadas polo calote das preferentes ás portas do Consello da Xunta
photo_camera Afectadas polo calote das preferentes ás portas do Consello da Xunta

@s estafad@s polas preferentes e subordinadas non dan tregua. Após a multitudinaria manifestación da semana pasada ante a residencia de Núñez Feijóo, un grupo de afectad@s concéntrase arestora ante a sede da Xunta, coincidindo coa xuntanza semanal do Consello do goberno autonómico. Os e as estafadas denuncian a responsabilidade do executivo de Núñez Feijóo nun calote que afecta a máis de 90.000 galeg@s.

Exixen ao presidente que exerza como tal e defenda aos e ás afectadas fronte os intereses da banca. Lamentan, asemade, que o goberno galego non se esté, consideran, implicando na defensa destes milleiros de persoas que reclaman a devolución do 100% dos seus aforros.  

Comentarios