Esquerda Unida ratifica candidatos e convoca conferencia nacional para marzo

Eva Solla será a candidata de Esqueda Unida á Presidencia da Xunta á espera de fechar un acordo con Podemos e Anova.
Eva Solla PCE EU Común da Esquerda
photo_camera Eva Solla PCE EU Común da Esquerda

A Coordinadora Nacional de EU ratificou este sábado as candidaturas para os comicios de 2020, a falta de fechar un acordo con Podemos e Anova. Eva Solla será a aspirante á Presidencia da Xunta, Vanesa Somoza encabezará a lista por Lugo; Loreto Taibo por A Coruña; Sofía Díaz por Ourense, e Estela Miller Fernández irá por Pontevedra.

A formación aposta en “recuperar e conformar, desde a diversidade e a diferencia, a unidade dunha alternativa seria de esquierda para Galiza" que lle plante cara a un Alberto Núñez Feijóo que está "a vaciar o país de servizos públicos".

Neste contexto, a súa coordinadora nacional, Eva Solla, xa se manifestou en repetidas ocasións a favor de reeditar un acordo con Podemos e Anova, cos que comparte grupo no Parlamento, para concurrir de forma conxunta aos comicios.

Ademais, a Coordinadora Nacional acordou realizar o vindeiro mes de marzo unha conferencia política en Santiago de Compostela para "analizar a situación real" de Galiza e elaborar o seu programa para as elección autonómicas de outono de 2020.

Comentarios