O PP máis preto da alcaldía do Porriño polo apoio de Esquerda Unida

Esquerda Unida inicia conversacións co PP para promover unha moción de censura contra o PSdeG e o BNG no Porriño

O PP está máis preto da alcaldía do Porriño, unha vez que Esquerda Unida ven de aprobar o apoio a unha moción de censura na localidade para desbancar ao PSdeG e ao BNG do Goberno.

EuropaPress_3999191_portavoz_popular_porrino_alejandro_lorenzo_rueda_prensa
photo_camera Alejandro Lorenzo, portavoz do PP no Porriño. Foto:Europa Press

A asemblea de EU-SON Porriño, a candidatura municipalista promovida por Esquerda Unida(EU), aprobou este domingo a apertura de conversacións co Partido Popular para apoiar unha moción de censura que releve da alcaldía á socialista Eva García de la Torre, que goberna en coalición co BNG.

A decisión foi adoptada co voto a favor da practica totalidade dos asistentes, rexistrándose só un sufraxio en contra e dúas abstencións da proposta de moción de censura, que viña avalada pola dirección local da formación.

O coordinador de  Esquerda Unida ( EU) no Porriño, Pedro Ocampo, explicou a Europa Press que se iniciará un diálogo co PP , forza maioritaria na corporación con oito concelleiros, a un da maioría absoluta, para “ver que propoñen” e falar “das condicións" dun acordo para a presentación dunha moción de censura.

Críticas ao BNG

O dirixente de Esquerda Unida afirmou que chegaron a decisión tras “tres ou catro reunións” co PSdeG e o BNG. “Tentamos que esta situación cambiase, porque a alcaldesa para nós neste momento non pode estar a encabezar o goberno do Porriño por deterioración a todos os niveis, tanto económico como democrático”, afirma Ocampo.

Ocampo amosouse moi crítico co BNG porque aínda que coinciden en que “a situación non é boa e comparten as nosas análises”, despois “non actúan”. Neste sentido, sinala que a moción de censura é a única saída para que a socialista García de la Torre abandone a alcaldía.

O coordinador de EU no Poriño recoñece que a dirección galega Esquerda Unida “non comparte” esta decisión, pero si "a vai a respectar" porque está adoptada en asemblea. Ao tempo, sinala que a moción de censura “vai máis aló de intereses partidistas, porque xa é unha cuestión de ética política”

“É o mellor dos escenarios?. Non”, conclúe Ocampo, “pero é o único que se abre, porque vemos que os grupos políticos no Porriño no Goberno anteponse aos intereses da cidadanía”.

Comentarios