Esquerda Unida desmárcase da moción no Porriño

Critica PSOE e BNG por soster a alcaldesa

A viguesa Eva Solla recuncou como líder de Esquerda Unida na XIII Asemblea Nacional da organización.
photo_camera Eva Solla

A dirección de Esquerda Unida na Galiza desmarcouse da decisión adoptada na asemblea do grupo municipal EU-SON do Porriño que estudará nos próximos días xunto ao Partido Popular a posibilidade de presentar unha moción de censura para sacar a socialista Eva García de la Torre da Alcaldía.

Esta segunda feira, nunha rolda de prensa na sede de EU en Santiago, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, reiterou a postura da organización, que considera "moi negativa" a situación que atravesa o concello porriñés e que  "non se vai a resolver facilitando" unha moción de censura promovida por unha formación, o PP, que está "nas antípodas" de Esquerda Unida.

Após manifestar o "respecto" ás decisións adoptadas na asemblea de Eu-Son, a ex deputada incidiu en que explorar unha moción de censura cos populares, de quen lembrou que teñen antecedentes "moi negativos" á fronte do goberno do Porriño, "non é forma" de solucionar a "parálise política" e "falta de democracia interna" que, di, existe no concello.

Após manifestar o "respecto" ás decisións adoptadas na asemblea de Eu-Son, a ex deputada incidiu en que explorar unha moción de censura cos populares, de quen lembrou que teñen antecedentes "moi negativos" á fronte do goberno do Porriño, "non é forma" de solucionar a "parálise política"

Unha situación que Solla asegura que se mantén desde o inicio do mandato e que atribúe á alcaldesa, Eva García de la Torre; ao seu partido, o PSOE, e aos seus socios de Goberno, o BNG. Neste sentido, acusou socialistas e nacionalistas de incumprir os acordos polos que EU-SON facilitou a investidura da rexedora.

Ademais da "parálise política" na que PSOE e BNG "son incapaces de sacar adiante" os orzamentos locais ou o novo plan xeral, Eva Solla tamén denunciou que no Porriño existe un problema de "democracia interna", como, di, exemplifica o "aumento" das sancións "para compensar a ausencia de orzamentos" e as "faltas de respecto" da propia alcaldesa cara aos concelleiros e concelleiras.

Así as cousas, instou a socialistas e nacionalistas a adoptar medidas para cambiar a situación que se vive na corporación local e que, para Solla, radican principalmente na figura da alcaldesa.

Comentarios