Esquerda Unida denuncia as “propostas delirantes da Fiscalía” para as 12 imputadas na Operación Jaro

Unha delegación das independentistas encausadas reuniuse co secretario de Organización de EU.

audiencia nacional
photo_camera audiencia nacional

As 12 independentistas encausadas na Operación Jaro e para as que a Fiscalía da Audiencia Nacional pide penas de prisión por máis de cen anos continúan coa súa rolda de xuntanzas e contactos con axentes políticos, sindicais e sociais.

Unha delegación das encausadas reuniuse co secretario de Organización de Esquerda Unida, á que informaron da situación do proceso e das diferentes medidas e campañas de denuncia do mesmo. “Sugerimos a esta formaçom a assunçom de compromissos públicos e institucionais em chave de denúncia do juízo político contra 12 independentistas.”.

O secretario de Organización, Rubén Pérez, denunciou nas redes sociais “a brutalidade das penas, as propostas delirantes de fiscalía e a construción dun relato falsario sobre unha inexistente RG non pode quedar no silencio e na indiferenza”.

Comentarios