Esquerda Socialista apoia a candidatura de Leiceaga

A corrente interna valora o “proxecto ilusionante” e a súa conexión “cos problemas das persoas e novas sensibilidades sociais”.

4. CORUÑA-LEICEAGA

Esquerda socialista, corrente interna do PSOE, apoia a candidatura de Xaquín Fernández Leiceaga nas primarias do partido por entender que ofrece “un proxecto ilusionante” e que conecta “mellor” cos “problemas das persoas e as novas sensibilidades sociais”, informa Europa Press. A decisión, adoptada por unanimidade nunha xuntanza na que tomaron parte militantes de diferentes comarcas, considera que o profesor da Universidade de Compostela tamén ten ao seu favor a “unidade e integración” que, afirman, impulsa.

Porén, esta corrente aclara que sexa cal for o resultado dads primarias do PSdeG que decorren esta fin de semana, das mesmas ten que saír un socialismo que “ofreza a Galiza un proxecto político socialista e de renovación no que ideoloxicamente se sitúa a maioría da sociedade”.

Leiceaga tamén recibiu nestas últimas horas o apoio de alcalde de Ames, José Miñones, para alén do pacto asinado con Gonzalo Caballero esta terza feira.

Comentarios