A esquerda soberanista aumentaría a súa representación no Congreso de haber agora eleccións

A enquisa de GAD3 outorga 3 deputados ao BNG (+2), 15 a ERC (+2) e 7 a Bildu (+2), mentres a CUP ficaría con 1 (-1).

O Congreso, na súa sesión do 22 de abril, debatendo o presente estado de alarma.
photo_camera O Congreso, na súa sesión do 22 de abril, debatendo o presente estado de alarma.

De haber eleccións agora ao Congreso dos Deputados a esquerda soberanista da Galiza, Euskal Herria e Catalunya verían aumentada a súa representación, nun escenario no que se reduce a distancia entre PSOE e PP e baixan Unidas Podemos e Vox.

Isto é o que apunta a sondaxe feita por GAD3 que s epublicou esta cuarta feira.

Así, o BNG obtería de haber comicios agora 1% e 3 deputados cano nas eleccións de novembro pasado foi de 0,5% e 1 representante. Esquerra Republicana obtería 15 deputados, o que supón 2 máis ca agora. E Bildu atinxiría os 7 representantes, 2 por riba dos que ten actualmente na Cámara española.

A CUP baixaría de 2 a 1 representante segundo esta enquisa, mentres que PNV mantería os 6 que posúe na actualidade e Junts per Catalunya baixaría de 8 a 7.

O PSOE mantería un apoio de 28%, que se reflictiría agora en 123 deputados 3 máis que os que obtivo en novembro. O PP pasaría dos 89 representantes daquela a 110 agora, Vox caería de 41 a 30 e Unidas Podemos dos 35 deputados actuais pasa a 20. Ciudadanos apenas varía e lograría 11 deputados, 1 máis.

A suma de PP, Vox e Ciudadanos daría 162 membros no Congreso polos 151 que sumaban en novembro. PSOE e UP terían agora 143 fronte aos 155 daquela.

Comentarios