O espía na campaña: o gacetosauro a ollar en La Voz dixital

Este espía manéxase polos quiosques. Na súa condición de gacetosauro, é aí, entre papel acumulado, onde se sente máis cómodo.

quiosque
photo_camera quiosque

Este espía manéxase polos quiosques. Na súa condición de gacetosauro, é aí, entre papel acumulado, onde se sente máis cómodo. A súa pouca ou moita perspicacia está afeita a buscar entre páxinas físicas, pero tampouco estan a ler vostedes ao home de Cromagnon. Así mesmo, navego polas edicións dixitais dos periódicos, e até mesmo vou comezando a comprender tamén os seus trucos.

Por exemplo, esta mesma mañá detívenme un anaco na web de La Voz de Galicia. Buscaba coa miña ansiedade enfermiza información electoral, por exemplo, andaba moi interesado en saber como explican o intento -seica fracasado- de Rosa Díez para estender a idea de que Ana Miranda non existe. Iso e o demais, como ao Arias Cañete e o Felipe González pulando pola gran coalición PP-PSOE, que a mesma son, díxose sempre. O caso é que pensei que sería abrir a páxina e aí estaría a información electoral, non debe haber moito máis relevante que contar. Pero...

Tiven que ir, abaixo, abaixo, abaixo. Unhas 25 novas estaban en postos máis altos da xerarquía do medio dixital que a primeira delas sobre as eleccións... das tres que meteron. Unha sobre Rubalcaba, outra sobre un socialdemócrata alemán -ou sexa, un socio de Merkel- e outra sobre fondos da UE. Do BNG ou as forzas galegas? Na capa, nada. Iso si, na web, moi alto, arriba de todo si había sitio para o champán. Seica @s grandes empresari@s galegos xa dán por feita a recuperación. Bravo. As persoas, como as eleccións, debemos ser cousa menor. Por iso o manto de silencio, para que os primeiros non acudan ás segundas. E volvan gañar @s de sempre.

Comentarios