Espía na campaña: delirios a prol do PP de Compostela

Carlos Luis Rodriguez inventa novas formas legais para saír en defensa do PP de Santiago un día despois de que sete dos seus membros deixaran unha das imaxes da campaña, e non era un mitin malia que si había [email protected] en primeira fila.

quiosque
photo_camera quiosque

Teimaron coa matraca de Bildu na Voz Televisión ante Xavier Vence -preguntar era unha obriga xornalística, estirar o chicle de forma artificial, non- con todo, e malia non pertencer directamente á campaña electoral, hoxe a prensa recolle a que seguramente será a imaxe máis simbólica do que se leva da mesma. Sete [email protected] do PP en Santiago, do goberno local, sentados ante o xuíz. Pero coas actas municipais no peto, que dimitir é nome ruso. Un escándalo asumido como tal polo propio Partido Popular e mesmo, segundo se comprobou nas declaracións, por algún [email protected] [email protected] Para todo o mundo menos para El Correo Gallego, sempre máis papista que o papa.

A versión en defensa [email protected] [email protected] arrinca xa desde a capa, onde se centra a mirada no aval que recibiron de “técnicos de Raxoi” para decidir pagar con cartos públicos a defensa dun compañeiro que ía ser xulgado por outro caso, que abondo hai deles con concello santiagués. Esa é a teoría que sostén, así mesmo, o columnista estrela do xornal e presentador partidista na TVG, Carlos Luis Rodríguez, outro que forzado polo amiguismo co poder non pode máis que inventar delirantes escusas: “Cómpre lembrar que é precisamente o secretario quen vixila a legalidade do que se actúa nun consistorio”, afirma o director de Foro Aberto, que polo tanto considera que o feito de ser técnico dun concello equivale á absoluta inmunidade. Se o alcalde decide que chegou o momento de recuperar o dereito de pernada e o secretario municipal nese intre chegaba dunha voda rozando o coma etílico e dille que adiante, o dereito de pernada podería volver ser legal. Iso afirma Carlos Luis Rodríguez e El Correo Gallego para favorecer ao PP. Tres patas dun banco. Diante un xuíz. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios