Con 98% escrutado, o independentismo revalida a maioría, supera 50% dos votos e PSC e ERC empatan en escanos

O reconto avanza e sitúa Vox como cuarta forza e CUP como a quinta, para alén de certificar malos resultados para Ciudadanos e PP. 
albert salamé vilaweb
photo_camera albert salamé vilaweb

Avanza o escrutinio electoral aos poucos e mantense a pugna en cabeza entre PSC, Esquerra e Junts per Catalunya polo primeiro posto, con lixeira vantaxe para os socialistas até agora. Vox sería cuarta forza, superando Ciudadanos e PP; e CUP quinta.

En Comú Podem, Ciudadanos e PP fecharían as candidaturas con representación, se ben a medida que avanza o escrutinio aumenta a incerteza sobre se PDECat entraría ou non.

Co 98% escrutado:

PSC 33
ERC 33
JUNTS 32
VOX 11
CUP 9
En Comú 8
CS 6
PP 3

A enquisa de GAD3 para a Televisión de Catalunya, realizada en base a entrevistas a máis de 8.000 persoas, apunta a unha nova maioría independentista no Parlament de Catalunya. As tres forzas soberanistas (Junts per Catalunya, ERC e CUP) sumarían entre 73 e 78 dos 135 deputados e deputadas do Parlament. Por riba dos 68 que marcan a maioría absoluta. Ademais, esa suma superaría o 50% dos votos.

Segundo esta sondaxe, Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e PSC estarían disputándose ser a primeira forza. Os socialistas atinxirían 24,5% dos votos e entre 34 e 36 escanos. Esquerra tería 24,3% e entre 36-38 representantes.

A terceira forza sería Junts per Catalunya, con entre 30 e 33 escanos e 20,5% dos apoios nas urnas Así pois, Esquerra e Junts poderían repetir Goberno: no arco máis baixo que lles dá esta enquidsa sumarían entre os dous 66 deputados (os que obtiveron en 2017) e no máis alto, 71. 

Ademais, a CUP sobe de 4 a 7 representantes e lograría 5,4% dos votos. Un aumento que reforza a maioría independnetista na Cámara catalá. Ademais, de obter PDECat representación (o traballo di que tería entre 0 e 2), isto reforzaría os números do campo soberanista.

Ciudadanos, tal e como apuntaban todas as sondaxes, rexistra unha forte caída e pasa dos 36 escanos obtidos en 2017 a ter agora entre 6 e 7. Os mesmos que o traballo de GAD3 lle dá a Vox (que superaría os laranxas en votos: 5,9% fronte a 5,3%.

En Comú Podem baixa de 8 a 6-7 deputados e deputadas; PP que tiña 4 terá entre 4 e 5 e Vox entraría con forza, con 7 escanos. A sondaxe di que PDECat podería ter entre 0 e 2 escanos.  

Outras enquisas

Porén, outras enquisas que se deron a coñecer unha vez fechados os colexios electorais apontarían a un resultado diferente a este de TV3 e Catalunya Ràdio. Así, para El Periódico hai un triplo empate entre Junts, PSC e ERC, movéndose entre 31 e 33 escanos. 

Nesa liña, desde Elnacional.cat a súa enquisa outorga a vitoria a Junts, con 31-33 deputados, por 39-32 do PSC e 28-29 de ERC. Por último, El Español concede 34-36 a Junts, 29-31 a PSC e 27-29 a Esquerra

Comentarios