Escrutinio oficial na Galiza: PP, 10, En Marea e PSOE, 6 e Ciudadanos, 1

Co escrutinio oficial no 98%, os resultados do 20D na Galiza son os seguintes: o PP conta con 10 escanos, En Marea e o PSOE, con 6 e Ciudadanos, con 1. Nós Candidatura Galega non obtén representación.

VOTOS

Co 95% dos votos escrutados, os dados do Ministerio do Interior indican que o PP (37,10% dos votos) obtén na Galiza 10 parlamentares, fronte aos 15 que conseguira nas eleccións de 2011. En Marea (25,03%) obtén 6, o mesmo número que o PSOE (21,35%), que repete os escanos acadados nas anteriores xerais. Ciudadanos (9,05%) fica con 1. Nós Candidatura Galega (4,32%) non obtén representación ningunha.

Pola Coruña, o PP consegue 3 escanos; o PSOE e En Marea conseguen 2 cada un e Ciudadanos, 1. Por Lugo e por Ourense, o PP obtén 2 escanos, e PSOE e En Marea, 1 cada un. Por Pontevedra, o PP chega a 3 parlamentares, En Marea a 2 e o PSOE a outros 2.

Comentarios