28-M | En directo

PSdeG e BNG resisten en Lugo o asalto de Candia

PP 12 actas, PSdeG 8 e BNG 5.

Lara Méndez poderá seguir gobernando en Lugo co BNG.
photo_camera Lara Méndez, repitirá como alcaldesa de Lugo.. (Foto: Nós Diario)

Lugo viviu un dos recontos máis axustados da noite. O Partido Popular, liderado por Elena Candia, rexistrou 43,5% dos votos e conseguiu 12 actas.

A lista do PSdeG, encabezada pola actual alcaldesa Lara Méndez, repetiu os resultados de 2019, con 8 actas e 27,8% dos votos, fronte aos 26,4% de 2019.

A candidatura do BNG, liderada polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, repite con 5 representantes, e pasa dos 16,3% do apoio recollido en 2019 ao 19.96% de 2023.

Ciudadanos perde representación após dous mandatos, ao facerse con 2,6% dos sufraxios, caendo do 8,3%.

As listas presentadas por Vox e Unidas Podemos non logran, tampouco, o mínimo legal esixido para entrar na corporación.

Os resultados obtidos a esta altura do reconto polo PSdeG e BNG permitiríalles reeditar o actual Goberno bipartito, presidido por Lara Méndez.

Comentarios