Eleccións xerais

Escasa participación na votación de Podemos sobre as alianzas electorais

As votacións das bases de Podemos sobre a posibilidade do peche de alianzas electorais para os comicios xerais caracterizouse por unha escasa participación, xa que tan só votaron 44.792 de 380.000 persoas.

iglesias-podemos-eitb_foto610x342
photo_camera iglesias-podemos-eitb_foto610x342

Podemos acordou, cun 85% das papeletas, a posibilidade de pechar alianzas de cara ás eleccións xerais no marco das distintas autonomías, nunha votación caracterizada pola escasa participación das bases. E é que tan só votaron 44.792 de 380.000 persoas, é dicir, o 11,8%.

En declaracións a Europa Press, o secretario de Organización de Podemos, Sergio Pascual, sinalou que, en caso de alianzas, as papeletas seguirían o formato coa denominación “Podemos e algún outro nome”. Afirmou que en Cataluña as conversas están “avanzadas”.

Amais de Cataluña, Pascual puxo de manifesto que hai máis organizacións coas que están traballando “desde hai tempo” e que pertencen a unha “unidade popular”, ou ben por ter “relacións históricas ou confluencia histórica” en común para “cambiar o noso país”, como é o caso de Galiza ou Valencia. “Están todas os cauces abertos”, engadiu.

Comentarios