martes 25/01/22

Tal e como esixía Podemos desde o inicio das conversas con Anova e EU, a papeleta electoral da coligazón destas formacións levará o nome de Podemos nun lugar destacado. Así, no logotipo, amais de En Marea, tan só figurará o nome dun dos partidos, o de Podemos.

Íñigo Errejón, dixirente de Podemos, afirmou a mañá do domingo en declaracións aos medios que “en Galiza, Podemos apreséntase coa súa marca, En Marea Podemos”. Podemos puxera como condición irrenunciábel que o nome do partido figurara no nome e na papeleta. Contra o apuntado por Errejón, o nome coa que se rexistrou a coligazón é En Marea, mais no logotipo das papeletas recóllese a fórmula En Marea-Podemos.

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Errejón: “En Galiza, Podemos apreséntase coa súa marca, En Marea Podemos”
comentarios