AGE pide revisar ou extinguir o contrato de Sogama con Fenosa

Alternativa Galega de Esquerdas considera que nas erradas, para a cidadanía, decisións do PP está a explicación do escenario actual de suba de canon de lixo aos concellos.

Antón Sánchez [Imaxe: AGE]
photo_camera Antón Sánchez [Imaxe: AGE]

AGE levará ao vindeiro pleno do parlamento galego unha proposición nin de lei na que pide á Xunta que ben revise ou ben finiquite o contrato de subministro eléctrico de Sogama con Unión Fenosa. Alternativa considera “claramente lesivo para o interese público” o convenio.

O deputado Antón Sánchez manifestou que “se isto fose un conto comezaría: Érase unha vez unha empresa pública ao servizo de Fenosa...” Sánchez denunciou que a suba do canon a concellos (e que está a provocar a insubmisión a ese pago de ducias de municipios) van ter que pagala os cidadáns. Un incremento que se deriva, afirma, de decisións do PP, como o cambio de clasificación da térmica faito en 2011 polo goberno galego e que foi recorrido polo estado.

Antón Sánchez lembrou que iso supuco que se cobraron 11 millóns de euros de máis pola producción de enerxía, unha cantidade que agora Sogama ten que devolver.

Comentarios