Enroque centralista de Rajoy

Sepultado polos 21 millóns de euros de Bárcenas, Rajoy tenta o pinchacarneiro máis difícil da súa dilatada carreira política. Sobreviver á crise máis grave do rexime xurdido das cinzas do ditador.  Na abertura do debate do Estado, insinuou unha reforma da Constitución.

A reforma da Constitución é unha hipótese aberta e, en todo caso, a soberanía pertence ao pobo español, o seu único depositario lexítimo. Non hai nin pode haber outras fontes de soberanía. As nacións sen Estado son un invento. Só existe a nación española e a soberanía da nación española. Ese foi o discurso que deitou Rajoy, que optou por se envolver na rojigualda, como mandaba o guión, fronte á ofensiva soberanista que lidera Catalunya.

Rajoy revelou que o Estado español fechou 2012 cun déficit público do 7 por cento, 0,7 décimas máis do exixido por Bruxelas.

Dixo que Bruxelas aceptaría sen problemas ese desvío.

En materia de corrupción, plaxiou o guionista de Feijóo: "A corrupción repúgname". O certo é que, con el ao fronte do partido, Bárcenas continuou sendo tesoureiro e acumulando o cuantioso patrimonio que logo quixo branquear grazas á amnistía promovida por Montoro.

Comentarios