As enquisas sitúan ao PP na maioría absoluta en Andalucía

As primeiras sondaxes das eleccións andaluzas colocan ao PP na maioría absoluta. Ao tempo, certifican a desaparición de Ciudadanos e unha importante baixada da esquerda. As 21:00 horas coñeceranse os primeiros datos con votos reais

 

Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta, e Juanma Moreno, líder do Goberno andaluz, nun encontro decorrido o pasado outubro (Foto: María José López / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta, e Juanma Moreno, líder do Goberno andaluz, nun encontro decorrido o pasado outubro (Foto: María José López / Europa Press).

A sondaxe de  GAD3 para RTVE e Canal Sur ofrecida tras o feche dos colexios electorais en Andalucía outorga un claro triunfo nas eleccións andaluzas do candidato do PP, Juan Manuel Moreno  Bonilla, que obtería maioría absoluta.

A enquisa adxudica á formación do actual presidente entre 58 e 61 escanos. A maioría absoluta está en 55. Trátase do mellor resultado en Andalucía do PP, superior mesmo a 50 escanos que conseguiu Javier Arenas en 2012, o teito do partido polo menos até este domingo.

A sondaxe prevé que o PSOE sume entre 26 e 30 escanos. O seu chan histórico foron  33, que logrou Susana Díaz en 2018. Neste caso, de confirmarse o resultado, trataríase dunha verdadeira hecatombe para os socialistas.

Ciudadanos, socio de goberno do PP nestes catro anos, desaparece do Parlamento tras perder 21 escanos. Vox mellora o seu resultado de 2018, ao pasar de 12 deputados a entre 13 e 15, pero non é decisivo para formar Goberno.

Por Andalucía, a coalición electoral de Esquerda Unida, Podemos, Más País e Yolanda Díaz sumaría entre 4 e 5 escanos, ficando moi lonxe dos conseguidos nos pasados comicios.

Adelante Andalucía, a candidatura do andalucísimo de esquerdas liderada Teresa Rodríguez, ficaría en tres escanos.

(Haberá ampliación)

Comentarios