As enquisas sitúan Ana Pontón como a mellor valorada do debate a cinco

A candidata nacionalista imponse na maioría de inquéritos realizados polos medios de comunicación do país, agás nos publicados nos xornais 'La Voz de Galicia' e 'Faro de Vigo' por unha marxe estreita.

A candidata do BNG á Xunta foi a ganadora do debate electoral, segundo reflicten boa parte das enquisas. Ana Pontón resultou a mellor valorada neste primeiro encontro entre aspirantes aos comicios do 25 de setembro, celebrado esta segunda feira nos estudos da CRTVG. O actual presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, só obtén mellor nota por parte dos e das internautas na enquisa recollida polo xornal 'La Voz de Galicia'. Na sondaxe realizada polo 'Faro de Vigo' é o candidato do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen vence por unha estreita marxe.

Facendo unha media entre as cinco principais enquisas, Pontón foi a ganadora para o 35% dos e das participantes; para o 30% foi Feijóo; para o 17% resultou vencedor o candidato de En Marea, Luís Villares; para o 15% Leiceaga e para o 2,6% a cabeza de lista de Ciudadanos, Cristina Losada. Estes foron os resultados dos inquéritos publicados polos medios de comunicación do país:

Comentarios