Resultado da enquisa

Rotunda maioría a prol da laicidade na enquisa de Sermos Galiza

58,03% das persoas que participaron na enquisa publicada en Sermos Galiza opina que en ningún caso deben as representantes públicas participar en actos relixiosos.
Relixión e Estado
photo_camera Relixión e Estado

resultado enquisa

“Non, en ningún caso” é a opción maioritaria elixida polas lectoras e lectores de Sermos Galiza que votaron na enquisa arredor da participación das e dos representantes públicos en actos de carácter relixioso.

58,03% das persoas que emitiron a súa opinión amosáronse a prol da non participación destes “en ningún caso” en eventos e procesións confesionais.

36,72% das persoas votantes consideran que as e os representantes do pobo poden participar deste tipo de actos só cando o fagan a título individual, mentres que 5,25% votaron a favor.

O debate saíu de novo á palestra após o Partido Popular, en palabras da súa deputada provincial Pepa Pardo, acusar o BNG de Pontevedra non representar a toda a veciñanza por non asistir o alcalde nin o grupo municipal aos actos litúrxicos das festas e, segundo a deputada conservadora, “non  promocionar turisticamente a Semana Santa".

O certo é que adoitamos ollar as autoridades do Estado, do goberno galego e de múltiples concellos nos eventos relixiosos, eliminando así o carácter formal de aconfesionalidade que a lexislación promulga sobre as institucións públicas. A ofrenda ao Apóstolo, o Voto á Virxe do Rosario ou a procesión do Cristo da Vitoria son algúns exemplos onde se mestura Estado e relixión.

Comentarios