Unha enquisa sitúa no Estado a catro partidos separados por só catro puntos

Segundo El País, o tetrapartidismo no Estado é xa unha realidade, con Podemos de novo en cabeza pero baixando; o PSOE de segundo e o PP de terceiro, xa acosado por Ciudadanos.  

urnas
photo_camera Urnas.

A sondaxe mensual que publica El País, realizada por Metroscopia, de cara ás eleccións xerais que terán lugar a final de ano amosa un escenario de cuatripartidismo no Estado, inédito nas últimas décadas e que obrigaría a pactos para formar Goberno. Porque en cabeza están catro partidos separados por só cinco puntos en intención de voto. Todo parece moi aberto, xa que a esta situación haberá que engadirlle o resultado das forzas soberanistas, que non é obxecto de estudo neste traballo pero si doutros. Esta mesma semana, eldiario.es afirmaba que o BNG mantería representación en Madrid tras os comicios. 

Os datos que se deron a coñecer este domingo sinalan de novo a Podemos como forza máis votada e gañadora das eleccións xerais. Perde forza (cinco puntos) mais conserva a primeira praza cun 22,5 % dos votos. Síguelle o PSOE de Pedro Sánchez, cun 20,2 -a maior distancia é entre os dous de cabeza- e o PP cunha desfeita que o deixa nun 18,6, co alento na caluga da irrupción de Ciudadanos, que se queda en 18,4. 

Esta enquisa apunta a uns comicios máis abertos que nunca e que aínda agardan polos resultados de Andalucía este mesmo mes e das municipais e autonómicas nalgúns territorios (en Galiza só locais) en maio, que sen dúbida influirán no que ocorra nas xerais a fin de ano.

Comentarios