A enquisa do CIS apunta a unha nova maioría do PP na Galiza

Obtería entre 40 e 42 escanos, por 16-18 do PSdG e 12.14 do BNG, mentes que Galicia en Común lograría entre 4 e 6.

Colexio electoral en Cerceda (Imaxe: Distrito Xermar).
photo_camera Colexio electoral en Cerceda (Imaxe: Distrito Xermar).

O PPdeG revalidaría a súa maioría absoluta no Parlamento galego nas eleccións do 12 de xullo, obtendo entre 40 e 42 escanos (a maioría está en 38), mentres que o PSdeG recuperarían a posición de segunda forza, BNG duplicaría representación e Vox e CS seguirían sen representación.

Isto é o que apunta a enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) difundida esta cuarta feira.

O estudo preelectoral das eleccións galegas de xullo estima que o PSdeG atinxiría entre 16 e 18 escanos no Pazo do Hórreo. Para o BNG calcula unha representación de entre 12 e 14 e para Galicia en Común, entre catro e seis escanos.

As estimacións do CIS non prevén que nin Marea Galeguista, Ciudadanos e Vox poidan asentar a ningún dos seus representantes no Parlamento galego na próxima lexislatura.

En canto a valoración, Feixoo obtén un 5,9 e Ana Pontón 5,13, sendo os únicos aprobados. Gonzalo Caballero logra un 4,86 e Gómez Reino un 3,8.

[En ampliación

Comentarios