Encontro Cidadán por unha Marea Galega votará a proposta de confluencia de Iniciativa pola Unión

Someterá a escrutinio das súas bases a unificación de ambos os dous procesos cara á construción dunha candidatura galega ás Cortes españolas.

Marea_gal
photo_camera [Imaxe Marea Galega]

Através dun chío publicado na rede social Twitter o Encontro Cidadán por unha Marea galega sinalou que someterá a votación das persoas que se adheriron a esta plataforma a posibilidade de confluír nun único proceso con Iniciativa pola Unión, o outro colectivo que pula pola construción dunha candidatura unitaria galega cara ás eleccións ás Cortes españolas. 

Desta maneira respondía á proposta remitida a pasada semana por Iniciativa pola Unión e que, inicialmente fora rexeitada pola Coordenadora do Encontro, distanciando ambos os dous proxectos. 

Porén, após o encontro organizado pola Marea Galega o pasado 12 de setembro as persoas adheridas á plataforma instaron á confluencia. Neste senso, o Encontro Cidadán disponibilizará nos vindeiros días os mecanismos telemáticos pertinentes para proceder ao referendo ao tempo que fará parte dos colectivos que asistirán ao Acto de Abertura convocado por Iniciativa pola Unión o 27 de setembro en Compostela. 

Comentarios