sábado 06.06.2020

Instan a Feijóo a explicar por que Galiza perde 3.500 millóns de euros de fondos europeos

A europedeputada nacionalista Ana Miranda: "É irresponsábel adoptar un ton triunfalista cando imos perder o 60% dos 5.600 millóns de euros que recibimos no período en vigor”

Ana Miranda
Ana Miranda

Galiza recibe no período 2007-2013 un total de 5.600 millóns de euros en concepto de fondos estruturais e de cohesión. Unha cantidade que, segundo os propios datos facilitados pola Xunta, vai se reducir a 2.000 millóns de euros para o novo período 2014-2020, indican desde o BNG

“A día de hoxe, Galiza perde 3.500 millóns de euros para cohesión nun momento de crise sen precedentes o que non impide ao Goberno de Núñez Feijóo manter un inaudito ton de triunfalismo diante dos embaixadores da UE facendo referencia a un suposto fondo de transición que non existe no documento aprobado polo Parlamento Europeo, nin na proposta da Comisión. O BNG pide ao presidente da Xunta que explique onde está previsto esefondo de transición e cal é a súa dotación orzamentaria”, alega a eurodeputada nacionalista, Ana Miranda.

Miranda explica que por primeira vez, Galzia deixa de estar na categoría dos territorios menos desenvolvidas, polo que era “previsible” unha redución dos fondos estruturais para o periodo 2014-2020.

Desidia e ineficacia

“Pero a desidia e a ineficacia política da Xunta durante os dous anos de negociación, ten  como consecuencia que unha caída previsible se convertese nun recorte drástico, que en lugar de reter 2/3 dos 5.600 millóns que recibe actualmente, como era a previsión inicial, se produza unha caída que deixa o orzamento en apenas un terzo da cifra actual”, explica a eurodeputada.

Achegas

O BNG propón que se teña en conta a situación “real” da economía galega en termos de PIB. “Non ten sentido que se tome como referencia o PIB de 2009, como sucede neste momento, para establecer o reparto duns fondos que entrarán en vigor en 2014. Dicir que o PIB de Galiza é do 91,3% e que estamos na categoría de rexións ricas non responde a situación real do noso país, polo que o BNG propón que se actualicen os datos de PIB rexional o que lle permitiría a Galiza pasar á categoría de rexións en transición e manter arredor do 66%, uns 3.500 millóns de euros”, conclúe Miranda.

comentarios