Emigrantes retornados e preferentistas ás portas do Parlamento: “Feijóo lambón, vas falar de nós?”

Desafiando a choiva e o vento, por volta de 300 emigrantes retornad@s e preferentistas concentráronse fronte o Parlamento galego para, sinalan, protestar e denunciar “o saqueo dos nosos aforros e pensións”.

Emigrantes retornados4

“Son ghrandes, eh?”. Así, con gheada das Rías Baixas falaba unha emigrante retornada, da plataforma do Ulla-Umia, mirando para os antidisturbios. A muller era unha máis das por volta de 300 persoas que se concentraban ante o Parlamento de Galiza coincidindo co debate do estado da nación. Unha ringleira de axentes da Policía Nacional 'protexía' os accesos á Cámara do Hórreo. @s concentrados procedían de diversas comarcas do país e a reivindicación deixárona clara en faixas, follas voandeiras e berros entre bocinazos: “Non somos defraudadores”.

“Están a obrigarnos a pagar unha media de 10.000 euros nun prazo de 10 días”, denunciaban desde Coordenadora

“Traballamos duro fóra, na emigración. Cobramos unha pensión pola que nunca nos dixeron que había que pagar. E agora dinnos que temos que pagar todo á xunta desde 2008 e, por riba, multas en sancións. Miles de euros que non temos. E din que somos defraudadores! Eles, dos do PP!! Iso sí que é ter cara e non ter vergoña”. Así de rotundo se manifestaba era José, da plataforma do Morrazo.

“Emigrantes retornados, pensionistas estafados”, rezaba unha das faixas, resumindo o sentir dos afectados polo que non dubidan en cualificar de “estafa” ou mesmo “extorsión”. E non dubidan quen é o responsábel desta situación: “É o PP, el dou orde a Facenda de cobrar e multar”.

Doble vara

A pouco que se falase con algún dos concentrados, axiña saía o argumento da dupla vara de medir do goberno Rajoy: “Os que verdade defraudan, os millonarios, os banqueiros,..a eses nada. E a nós, leña”.

A concentración estaba convocada pola Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados, plataforma que resume as súas peticións en pedir a revogación e anulación dos expedientes sancionadores (e a devolución dos cartos a quen xa tivo que pagar), rexeitar o “cobro abusivo” de intereses de demora por parte de Facenda.

Comentarios