As eleccións galegas serán o 25 de setembro

Feijóo afirma que "non sería serio" convocalas nunha data diferente ás que van ter lugar en Euskadi e defendeu a decisión na "responsabilidade" para con Galiza "e España".

Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Foto: Irene Pin
photo_camera Imaxe: Irene Pin

Galiza votará o 25 de setembro para elexir o seu Parlamento. Anunciouno esta segunda feira Núñez Feijóo nunha comparecencia de imprensa após un Consello da Xunta que convocou pola vía de urxencia. O presidente da Xunta asinará esta segunda o decreto de disolución da Cámara galega e xustifica convocar os comicios o 25 de setembro, canda as vascas e após semanas defendendo que ían ser en outubro, na "responsabilidade" e "seriedade".

"Non sería serio pola miña parte convocar as galegas unha semana ou algúns días máis tarde cas vascas só por saírme coa miña de que fose en outubro", manifestou, e insistiu enq ue a decisión era por responsabilidade "con Galiza e con España". Nesta liña, defendeu que esta decisión supón achegar "estabilidade" nun panorama electoral español que vén de realizar 2 eleccións xerais en seis meses e coa posibilidade dunha terceira convocatoria aínda pendente.

O almanaque electoral:

 2 de agosto: publícase no DOG a convocatoria electoral

Do 17 ata o 22 de agosto: prazo para presentar candidaturas

29 agosto: proclámanse os candidatos

9 de setembro inicio de campaña

23 de setembro fin de campaña

24 de setembro: xornada de reflexión

25 de setembro: votacións

Comentarios