Edís de Compostela imputad@s por prevaricación serán xulgad@s o 19 de maio

A Audiencia Provincial da Coruña desestima o recurso presentado pol@s concelleir@s que serán xulgad@s en dez días por pagaren con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, imputado na Pokémon.

@s 7 edís compostelás que tomaron parte na Xunta de Goberno do 30 de maio de 2013 serán xulgad@s por un presunto delito de prevaricación. Así o decidiu esta cuarta feira a Audiencia Provincial da Coruña que desestimou o recurso presentado pola defensa d@s imputad@s. 

Serán xulgad@s por suposta prevaricación ao pagar con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon

O xuízo determinará se Amelia González, Juan de la Fuente, Cecilia Sierra, María Castelao, Francisco Noya, Luis García Bello e María Pardo incorreron nun delito de prevaricación ao acordaren pagar con fondos públicos do Concello de Santiago o avogado doutro concelleiro, Adrián Varela, imputado na Operación Pokémon. 

A Audiencia Provincial desestimou o recurso presentado ao considerar que a decisión adoptada puido terse producido "de maneira incondicionada", isto é, sen ter en conta "as exixencias que derivan da lei e a xurisprudencia" que, ademais, @s edís coñecían por un informe que lles foi achegado previamente á Xunta de Goberno. 

O xuízo terá lugar na capital galega o 19 de maio, a 6 días das eleccións ao Parlamento europeo. 

Comentarios