Ecoloxistas denunciarán a Vox por “contaminación ambiental” na Galiza

Pola colocación de centos de globos verdes en diversas localidades.

Globos verdes Vox
photo_camera Globos verdes nunha rúa da Coruña (@Eloytp)

A Fundación Franz Weber presentará denuncias administrativas contra Vox por "contaminación ambiental e animal", tras a colocación de miles de globos verdes en diferentes localidades da Galiza "sen ningún permiso".

En concreto, a formación repartiu globos co lema 'Galiza é verde' en diversas localidades galegas coincidindo coa presenza do seu presidente, Santiago Abascal, nun acto do partido en Mos para presentar os candidatos ás eleccións do 12 de xullo.

Franz Weber avanza que denunciarán a Vox ante a Xunta e ante a Delegación do Goberno en Galicia por carecer de "calquera permiso" e habilitar "unha contaminación nociva do medio natural".

Esta ONG subliña que concellos como A Coruña teñen ordenanzas que prohiben a colocación de elementos publicitarios sen permiso e que o propio Concello cualificou o acto como "vandalismo", ao que engade o "pésimo impacto que o seu principal compoñente, o plástico, ten. sobre animais, especialmente fauna mariña ".

Comentarios