Echenique apela á “creatividade infinita” para chegar a un acordo con En Marea

O secretario de Organización admite importantes diferencias mais di que se vai negociar “até o final”.

podemos bescansa echenique

Pablo Echenique, secretario de Organización de Podemos, afirma que as negociacións entre o seu partido e En Marea para chegar a un acordo para as eleccións galegas non están rotas mais recoñece que teñen difícil avance. Admitiu que a fórmula xurídica de concorrencia é o principal escollo mais apelou á “creatividade infinita” para solventalo. Por iso, puxo sobre a mesa unha opción intermedia: a coligazón á catalá, é dicir, integrar partidos dentro dun partido. Hai de prazo até esta medianoite para acadar un acordo. "Non estivemos negociando até as 2 da madrugada para dar isto por roto", dixo.

Echenique dixo que Podemos dixo cesións importantes durante todo este proceso, nunha negación da “falta de xenerosidade” que lle achacan desde as marés ao partido morado, mais que non houbo posibilidade de chegar a acordo. Hai diferencias importantes, asegura, mais considera que se debe facer todo o posíbel para atinxir un acordo. 

Comentarios