Convocadas para hoxe dúas cazoladas contra a monarquía española

A primeira, ás 12:00 horas, contra Juan Carlos I. A segunda, ás 21:00, para Filipe VI.

JUan Carlos Filpe VI Borbón monaqrquía (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

Esta cuarta feira, 18 de marzo, hai dúas cazoladas convocadas na Galiza e no conxunto do Estado  contra a monarquía española. Unha ás 12:00 horas e outra ás 21:00 horas. Ambas as dúas convocadas a través das redes sociais.

A deste mediodía leva varios días espallándose polas redes, convocada, entre outras demandas, para que o rei emérito, Juan Carlos I, destine os polemicos 100 millóns de euros que tiña nun fondo á sanidade pública.

A segunda está a 'rular' nas últimas horas, desde que se informou por La Zarzuela que Filipe VI vai dar na noite desta cuarta feira un 'discurso a la nación'. A cazolada está convocada para a mesma hora (21:00) na que se prevé que fale Filipe VI e quer mostrar o rexeitameno á institución monárquica.

Comentarios