Os resultados de Andalucía abren fendas en PP e UPyD

Rosa Díez non demite após o fracaso en Andalucía e abre unha grave crise na formación maxenta. No seo do PP aumentan as voces críticas, como a o do ministro Margallo.

Rosa Díez
photo_camera Rosa Díez

Difícil dixestión para parte da dereita española dos resultados das eleccións andaluces desta fin de semana. A queda estrepitosa do PP, que perdeu 17 deputad@s, quixo ser ‘disimulada’ nas declaracións nas primeiras horas por altos cargos do PP [os que compareceron, porque gran parte da plana maior optou por permanecer a resgardo] Mais o dito polo ministro Margallo, que falou dun fracaso por riba das espectativas, e de Esperanza Aguirre, sinalando que se pagou que o candidato fose electo a dedo -por Rajoy-, volven situar o PP na inestabilidade interna. E a 2 meses dunhas eleccións nas que os populares poden volver sufrir unha derrota importante.

UPyD non conseguiu atinxir nin un deputado en Andalucía nas eleccións nas que Ciudadanos irrompía con nove. Mais Rosa Díaz compareceu para decir que seguía, o que xerou unha treboada na formación. Nestas horas demitiu o 25% da dirección deste partido e as voces críticas con Díaz multiplícanse, desde Toni Cantó a Irene Lozano, os rostros máis televisivos e mediáticos de UpyD.

E mentres, Ciudadanos -até hai unhas semanas descoñecido alén Catalunya- navegando nos caladoiros de voto de ambos os dous partidos.

Comentarios