A división interna do PP marca o mitin de Rueda en Ribeira

A campaña popular recalou hoxe en Ribeira, unha vila onde o PP confronta os comicios divido en varias candidaturas. Rueda volveu a solicitar desde alí o voto para derrotar a Pedro Sánchez.

20230521_ARuedaE
photo_camera Alfonso Rueda co alcadábel do PP en Ribeira, Manuel Ruiz. (Foto: Nós Diario)

A división do PP pairou sobre o acto da formación en Ribeira. Precisamente, nesta localidade os populares concorren nunha lista nucleada arredor do actual rexedor Manuel Ruiz Rivas e noutra independente, impulsada polo anterior alcalde José Luis Torres Colomer. A fenda nas filas da dereita, dálle máis posibilidades as candidaturas da esquerda e do nacionalismo.

Rueda comezou a súa intervención, afirmando que “se dividimos o voto e se damos todo por gañado e nos relaxamos, triunfará o modelo de Pedro Sánchez”. Neste sentido, reclamou o voto para Manuel Ruiz Rivas, a quen presentou como “un alcalde inconformista”

A división da PP

O mandatario galego sinalou que “se queremos que Ribeira siga beneficiándose do modelo dos que saben facer as cousas e que cando cheguen as eleccións xerais cambie o Goberno de España, o único modelo a seguir é o do PP e o dos seus candidatos”.

O presidente do PPdeG presentou o PP como “o modelo da xente que traballa no día a día á marxe de liortas e non perde o tempo en falar dos demais, o do sentidiño, e o de priorizar as necesidades da xente”.

Rueda explicou que “os recursos públicos non dan para todo e por iso hai que priorizar sabendo o que é realmente importante. E quen sabe que o realmente importante nos concellos son os alcaldes”. Nesta liña, situou ao alcaldábel do PP na localidade Manuel Ruiz.

Manuel Ruiz

O líder dos populares chamou a pedir o voto “aos que sempre confiaron fielmente en Manolo Ruiz, aos que deixaron de facelo nalgún momento, aos que se avergoñan do seu voto a outras forzas no pasado, e incluso aos que teñen claro que non van votar ao PP”.

O xefe do Executivo galego sinalou en relación coa decisión da dereita na localidade, que “son moitas máis as cousas que nos unen que as que nos poden separar, e é o momento de concentrar o voto e darlle a Manolo Ruiz a maioría que necesita para poder gobernar non con comodidade”.

O presidente do PP na Coruña, Diego Calvo, insistiu na fenda dos populares na localidade, afirmando que “o PP son só Manolo Ruiz e o seu equipo, todo o demais son partidos que só buscan xuntarse para que non goberne o PP e aínda que iso supoña poñer en perigo a estabilidade do concello”.

Comentarios