A dirección de Ciudadanos impón non se presentar ás municipais na Coruña e Ferrol

A decisión colleu por sorpresa as agrupacións, que tentan que a xefatura da formación de Albert Rivera reconsidere a decisión.

albert rivera
photo_camera albert rivera

A dirección de Ciudadanos impón as agrupacións da Coruña e Ferrol que non concorran ás municipais do 24 de maio, unha decisión comunicada a última hora desta cuarta feira e que xerou sorpresa e incertidume entre afiliados e simpatizantes coruñeses e ferroláns da formación.

A decisión unilateral da xefatura do partido que lidera Albert Rivera chega, aliás, nun contexto doce para as aspiracións en Coruña, cidade nas que enquisas e sondaxes apuntaban a que C´s atinxiría representación.

En principio, falla por aclarar se a decisión é definitiva ou ben pode darse que haxa candidaturas en Coruña e Ferrol, mais designadas directamente desde o cumio da formación. A vindeira segunda feira finaliza o prazo para presentar candidaturas.

A medida decidida pola dirección central de Ciudadanos estaría relacionada coa conflitiva vida interior de ambas as dúas agrupacións, onde abundaron demisións, ceses, baixas de militancia...

Comentarios