A dirección actual propón Carolina Bescansa para liderar Podemos Galiza

“É un honor que as compañeiras de Galiza queiran que asuma a dirección”, sinalou a cofundadora e exdirixente de Podemos.

carolina bescansa

Carmen Santos anunciou este sábado que non ía competir polo liderato de Podemos Galiza mais anunciaba que apoiaría a candidatura postulada pola dirección actual e que ía estar encabezada por unha muller. Esa muller, anunciouse este domingo, é Carolina Bescansa, unha das fundadoras de Podemos. Un anuncio que sorprendeu, non só en Galiza mais tamén alén do Padordenelo.

 

A actual dirección de Podemos Galiza propuxo Bescansa para ser a candidata e esta xa anunciou a través das redes sociais que ese convite “é unha honra”, apontando a que “falará con todos” antes de tomar unha decisión. Todo aponta a que a resposta a ese convite será un si. 

Así pois, todo aponta a que Carolina Bescana vai ser quen dispute a secretaría xeral galega de Podemos a Antom Gómez-Reino, deputado de En Marea no Congreso.

Comentarios