Carmen Santos anunciou este sábado que non ía competir polo liderato de Podemos Galiza mais anunciaba que apoiaría a candidatura postulada pola dirección actual e que ía estar encabezada por unha muller. Esa muller, anunciouse este domingo, é Carolina Bescansa, unha das fundadoras de Podemos. Un anuncio que sorprendeu, non só en Galiza mais tamén alén do Padordenelo.
É un honor que as compañeiras de Galicia queiran que asuma a dirección. Falarei con todas antes de tomar unha decisión. Graciñas!
— Carolina Bescansa (@CBescansa) 30 de setembro de 2018
A actual dirección de Podemos Galiza propuxo Bescansa para ser a candidata e esta xa anunciou a través das redes sociais que ese convite “é unha honra”, apontando a que “falará con todos” antes de tomar unha decisión. Todo aponta a que a resposta a ese convite será un si.
Así pois, todo aponta a que Carolina Bescana vai ser quen dispute a secretaría xeral galega de Podemos a Antom Gómez-Reino, deputado de En Marea no Congreso.