Demite o popular Castelao Bragaña tras afirmar que “as leis son como as mulleres, están para violalas”

O exdeputado do PPdeG vese forzado a renunciar como Presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior.
José Manuel Castelao Bragaña
photo_camera José Manuel Castelao Bragaña

José Manuel Castelao Bragaña vén de presentar a demisión como presidente do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior. O exdeputado do PPdeG apenas durou catro días no cargo, para o que fora designado polo Ministerio de Emprego dirixido por Fátima Báñez. 

A renuncia chega despois dunha agre polémica provocada por unhas declaracións nunha reunión do órgano consultivo que representa a emigración do Estado, nas que o popular afirmou que as “leis son como as mulleres, están para violalas”.

Desde o BNG reaccionaron reclamando a Núñez Feijóo que desautorizase a Castelao Bragaña e que pedise perdón. Asemade, a socialista Laura Seara reclamara tamén a súa demisión.

Comentarios