Diego Calvo: "O Partido Popular non lle fai cordóns sanitarios a ninguén"

Diego Calvo
photo_camera Diego Calvo

O presidente provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, asegurou esta mañá nunha entrevista concedida á Cadena Ser que o seu partido "non lle fai cordóns sanitarios a ninguén", en resposta á pregunta de se a súa formación estaría disposta a pactar con Vox tralas eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. 

Calvo puxo como exemplo o acontecido no concello de Fene o ano pasado, no que pactaron cos dous concelleiros de Somos Fene, vencellados ás Mareas -que se desmarcaron desta actuación- sacar da Alcaldía ao nacionalista Juventino Trigo. "Aínda que a eles ao principio non lles deixaban, fomos quen de falar porque o máis importante eran os asuntos de Fene". 

Negou o presidente provincial do Partido Popular que a súa organización se estea "dereitizando" porque "nós sempre dixemos o mesmo". Sobre a demanda de Feixoo de reclamar máis competencias para Galiza malia non telo feito nos case dez anos que leva como presidente da Xunta, Calvo manifestou non ver "contradición ningunha" porque o teito competencial é un dereito recollido na Constitución e no Estatuto de Autonomía "e queremos chegar a el". 

Comentarios