Unha diana coa advertencia ‘Atenta’: Novas ameazas contra a candidata do BNG por Pontevedra

A pintada apareceu nunha parede moi perto do domicilio de Carme da Silva. O pasado 24 de marzo xa pintaran o apelido da candidata nacionalista cunha diana.

[Imaxe: SG] Novas pintadas contra Carme Dasilva
photo_camera [Imaxe: SG] Novas pintadas contra Carme Dasilva

peqA candidata do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, volve ser obxecto de ameazas. As paredes dun edificio perto da súa vivenda volveron aparecer cunha diana e a advertencia ‘Atenta’, a escasos metros de onde o pasado 24 de marzo pintaran o apelido da candidata nacionalista cunha diana.

A través das redes sociais, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón afirmou que “A mafia da estrema dereita volve ameazar á nosa compañeira Carme da Silva” e advirte que “as súas ameazas fannos máis fortes e non lles temos medo. Non imos dar nin paso atrás na defensa de Galiza e dos nosos”.

Após as primeiras amenazas, o BNG pediu que se investigasen estes feitos.

Comentarios