Deputados de Podemos piden cambios en plena crise do partido en Galiza

Avogan por movementos que permitan finalizar co “bloqueo” en órganos de dirección e que mesmo apontan á realización dun congreso.

tone
photo_camera Gómez Reino

Os tres membros de Podemos, 2 deputados e 1 senador, eleitos nas eleccións do pasado 20-D dentro da coligazón En Marea comezan a moverse perante o escenario de fenda e crise que semella que aniña no partido en Galiza e que se plasmou estes días nas destitucións de 4 cargos directivos de Podemos por parte do secretario xeral, Breogán Riobóo. Así o afirma 'La Voz de Galicia', que informa dunha misiva que os tres parlamentares remitiron aos cargos orgánicos de Podemos-Galiza. Unha carta na que, asegura o diario, ponse como una prioridade reestruturar o partido no noso país, así como poñer fin ao bloqueo que existiría en órganos como o Consello cidadán galego, eleito polas bases.

Segundo a versión do xornal, os 2 deputados e o senador piden fixar unha canle de relación con En Marea, así como unha mesa mediadora entre o secretario xeral de Podemos-Galiza e os membros eleitos do partido. A realización dun congreso no curto prazo é outra das cuestións que se abordan na carta.

De por parte, Riobóo estaría a impulsar, di 'La Voz', comisións xestoras naquelas cidades e localidades onde Podemos carece de dirección, entre elas Vigo, o círculo máis numeroso en Galiza, ou Ferrol.

Comentarios