Deputados de En Marea e BNG concéntrase perante o Parlamento contra a “represión” en Catalunya

catalunya en marea bng parlamento Foto de En Marea
photo_camera Foto de En Marea

Deputados de En Marea e o BNG concentráronse perante o Parlamento galego para denunciar e rexeitar o operativo policial que esta cuarta feira decorre en Cataluña. Con cartazes coa lenda 'Represión non. Galiza con Cataluña', os deputados denunciaron a vía “represiva” do Estado español contra os dereitos civís e liberdades políticas en catalunya.

BNG e En Marea denunciaron e criticaron en reiteradas ocasións a actitude do goberno español a respecto da vontade maioritaria do pobo catalán de votar para decidir o seu futuro. 

Comentarios